A área metropolitana da Coruña ten por diante grandes retos en relación coa utilización racional do territorio e dos seus recursos, co hábitat e coa mobilidade urbana sustentable.
Estes retos pasan por entendelos desde unha visión e ordenación supramunicipal do territorio e a preservación do medio ambiente de maneira conxunta, que converterá ao área metropolitana máis sustentable.
Posicionamento
- Canalizar todos os plans nunha estratexia conxunta e coherente que asegure o equilibrio entre tránsito rodado, peonil e a sustentabilidade ambiental.
- Rexerá o principio de autosuficiencia enerxética e de consumo responsable dos recursos naturais e enerxéticos, primando a rehabilitación e a rexeneración urbana.
- Acordaranse estratexias comúns para o desenvolvemento dun documento de directrices de ordenación do territorio na área metropolitana.
- Promover a participación directa da cidadanía na planificación e produción dos espazos a través do urbanismo participativo, reconquistando para o uso público espazos degradados ou privatizados a través de políticas públicas.
Obxectivos de acción mancomunada
- Introducir, desde o plan urbano, conceptos como a conservación da memoria, o patrimonio cultural e ambiental da cidade, e o reforzo das canles para a mellora da vida das persoas.
- Ligar o modelo do consumo ao modelo de mobilidade para favorecer o paseo peonil, o que garante a rexeneración do tecido residencial existente.
- Equilibrar os estándares de dotación desde unha perspectiva de área metropolitana.
- Dotar de coherencia aos instrumentos dos diferentes plans (clasificación, usos do chan...) nas zonas de encontro dos límites municipais.
- Desenvolver ferramentas directas e representativas para a participación cidadá na xestión da súa cidade.
Plan de acción
- Establecemento duns principios e criterios básicos de ordenación territorial para a conxunto da área metropolitana da Coruña que se definirán nos futuros PTI (Plans Territoriais Integrados ou outros instrumentos supramunicipais de ordenación territorial) e nas futuras directrices de ordenación do territorio.
- Establecemento de actuacións coordinadas que faciliten a análise do territorio e a planificación territorial: coordinación de voos para restitucións cartográficas, restitución a escala metropolitana, ortofoto metropolitana etc.
- Deseño dun Plan Metropolitano Integral (PTI) de transporte e mobilidade orientado a resolver os problemas da cidadanía, sustentable, respectuoso co medio e favorecedor do uso do transporte público.
Calendario proposto
- Elaboración de principios e criterios básicos de ordenación territorial da área Metropolitana. Xuño 2017
- Facilitar soporte para a consecución dos fitos sinalados no resto das mesas da Estratexia Metropolitana, de maneira que se fagan viables os contidos e obxectivos destas.
- Plan de Infraestruturas e Equipamentos vinculados ao Plan Metropolitano de Mobilidade e Transporte. Novembro 2018
Actas
Acta Mesa 2 Planeamento Urb (31-05-2016)
Acta Mesa 2 Planeamento Urb (20-09-2016)
Acta Mesa 2 Planeamento Urb (20-06-2017)